Diante detrás diante...
Hoxe soñei que no cole íase bailar unha muiñeira. As profes estaban practicando os puntos. A cousa empezaba ben: diante detrás diante punta tacón tacón... Pero despois desa parte pasábanse a man polos ollos cos dedos índice e corazón en plan Fiebre del sábado noche. Eu quedábame perplexa e cun debate ético importante de cara ao respeto ao folclore... O estado de perplexismo non me durou moito, e rapidamente dixen que eu negábame a facer esa parte do punto. Logo comezaban outro. Diante detrás diante... e de novo incorporaban un modernismo setentero consistente en estirar a perna dereita doblando o xeonllo esquerdo mentres levantaban o brazo dereito co dedo índice estirado... Vaia... Travolta de novo. Notei que non o facían por mal, se non por ignorancia. [Soñado o 13 de outubro de 2018]