Diante detrás diante...



Hoxe soñei que no cole íase bailar unha muiñeira. As profes estaban practicando os puntos. 
A cousa empezaba ben: diante detrás diante punta tacón tacón... Pero despois desa parte pasábanse a man polos ollos cos dedos índice e corazón en plan Fiebre del sábado noche.
Eu quedábame perplexa e cun debate ético importante de cara ao respeto ao folclore...
O estado de perplexismo non me durou moito, e rapidamente dixen que eu negábame a facer esa parte do punto.
Logo comezaban outro. Diante detrás diante... e de novo incorporaban un modernismo setentero consistente en estirar a perna dereita doblando o xeonllo esquerdo mentres levantaban o brazo dereito co dedo índice estirado... Vaia... Travolta de novo.

Notei que non o facían por mal, se non por ignorancia.

[Soñado o 13 de outubro de 2018] 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Prezos populares

Puca viaxa en Alsa

Polca florida