Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2018

Gladis

Esta noite soñei que abría a porta da casa e deume un susto de morte porque atopaba a unha enana pasando o aspirador polo pasillo. Ao preguntarlle que quen era me miraba sen dicir nada e sen parar de aspirar. Nese momento entendín que ao deixar enchufada a Gladis (Roomba), automáticamente en lugar de sair soa, saía cunha boneca de tamaño dunha nena ou unha enana e pasaba o aspirador do modo tradicional. Pasado un rato, volvín a asustarme porque con toda desfachatez Gladis paraba e se dirixía ao tendedero. Aquela autonomía pola miña casa me resultaba molesta e acojonábame tamén un pouco. Así que a seguín e lle preguntei que que pasaba, que por que paraba. Entón localizou a caixa de Roomba e sacou un boneco aínda máis pequeno que ela, tamén moi real. Era un boneco bebé que non se movía por estar sen batería. Entendín o que pasaba: a boneca estábase quedando sen batería e na caixa a fábrica incorporaba outra “peza” algo máis pequena. Puxen o “bebé” robot auxiliar enchufado...