Publicacións

Prezos populares

Imaxe
  Soñei que a carne das racións e dos bocatas que poñíamos do Serán a collíamos de persoas mortas. O sabor pasaba sen ningún tipo de problema por xamón e chicharróns. Bastante bos, por certo.   A operación supoñía moito traballo e discreción. Levábamos os cadáveres nas neveiras da Estrella co maior disimulo posible para que ninguén nos descubrira. Despois había que ir cortando a carne dos corpos sen que ninguén se dera conta. Ata ese Serán, os encargados de cortar os cachiños de carne cunha motosierra ou máquina similar sempre foran Xabier ou Carina. Pero desta vez asignáranme a min esa tarefa e estaba enormemente agobiada: unha cousa era facelo no primeiro Serán, xustificado polo abaratamento de costes que supoñía a carne de mortos, e outra era continuar con esta práctica co risco que supoñía. Ademais, eu non me daba ningunha maña cortando ósos co motoserrucho. A pesar disto, alguén deixoume no cole unha bolsa posta en vertical cun cadáver dentro, para que me encargara. Levei...

O panadeiro

Imaxe
Hoxe soñei que ía a compar pan a unha panadería. había varias barras enormes tipo chapata pero que ocupaban todo o andel.     -  Viña a por algún pan que me dure varios días.   Entón o que atendía díxome efusivo:     - Todos duran varios días porque están feitos coas miñas….    Nese momento levantaba unhas grandes mans cos dedos abertos. Pero de inmediato, as baixaba á súa zona viril para continuar a frase:     - … cos meus collóns!  Ante esa frase contestei:     - Entón ponme todo o pan que hai na panadaría! Toda a panadería comezamos a rir ás gargalladas. Cortoume un trozo de pan, e marchei feliz. [Soñado o 2 de abril de 2022]    

Polca florida

Imaxe
  Hoxe soñei que na clase de gaita estabamos interpretando partituras especiais. En concreto, no papel que tiñamos diante coa peza para sacar coa flauta tiña a seguinte imaxe: Como non tiña nin idea, esperei a que alguén se animara a interpretala, e xusto alguén empezou a tocala. Nese momento todos nos sumamos a tocala xuntos. Espertei xusto nese momento, así que deume tempo a silbala antes de que se me olvidara. A peza da imaxe soaba así: [Soñado o 28 de xullo de 2020]  

Diante detrás diante...

Imaxe
Hoxe soñei que no cole íase bailar unha muiñeira. As profes estaban practicando os puntos.  A cousa empezaba ben: diante detrás diante punta tacón tacón... Pero despois desa parte pasábanse a man polos ollos cos dedos índice e corazón en plan Fiebre del sábado noche. Eu quedábame perplexa e cun debate ético importante de cara ao respeto ao folclore... O estado de perplexismo non me durou moito, e rapidamente dixen que eu negábame a facer esa parte do punto. Logo comezaban outro. Diante detrás diante... e de novo incorporaban un modernismo setentero consistente en estirar a perna dereita doblando o xeonllo esquerdo mentres levantaban o brazo dereito co dedo índice estirado... Vaia... Travolta de novo. Notei que non o facían por mal, se non por ignorancia. [Soñado o 13 de outubro de 2018]  

Soñei que tiña un bebé...

Imaxe
Tiña retortijóns parecidos ás dores de regla así que fun ao médico e resulta que parín un neno. Non era moi guapo, a verdade, e tiña que decidir que nome lle poñía. Do que me daba conta, polo parecido e certos recordos, é que o pai era un compañeiro do traballo. Tiña dúbida entre dous compañeiros, aínda que tiña máis parecido cun deles.  Era pequeñajillo e espabilao. De feito naceu xa dicindo algunha palabra e incluso facía ritmos guturais conmigo.  Non sabía moi ben como ía coidar un bebé. Deixeino enriba da encimera da cociña, abrigadiño cunha bolsa de supermercado, e baixei ao Alfaiate, que estaba xusto debaixo do meu piso. O dono do local empezou a queimar algo debaixo das escaleiras, como se fora unha lareira. Pensei que era xenial porque así porque quentaríame a casa e ao bebé. Cando cheguei de volta ao piso, o bebé estaba bastante deformado pola calor da lareira . Estaba como derretido. Sufrín por el! Para minimizar danos, empecei a botarlle saliva ...

Pontenagua

Imaxe
Hoxe soñei que ía por unha especie de pasarela ou ponte de madeira sen chan. Tiña que desprazarme so colgándome dos pasamáns cual ximnasta. O problema engadido é que levaba a enagua conmigo, metida nunha bolsa, pero era incomodísimo. Ademais, pasaban outras persoas na dirección contraria e tiña que esquivalos. [Soñado o 21 de setembro de 2018]

Grandes chefs

Imaxe
Hoxe soñei que atopaba pola rúa unha chica (non estou moi segura se era a da Repi) e que chegabamos ata a súa casa. Convivía con dous compañeiros de piso. Un deles era Rober. Era a hora de comer e ela comezaba a prepararse a súa comida. Ao tempo que cociñaba, comenzou a contar que a mellor cualidade de Rober era facer unha pasta de arroz con garabanzos e con cebola que estaba boísima. Dixo que ademais o gran logro de Rober era ter feito que Millán e Fer (que no sono ambos traballaban no Gomes Gaioso), tamén a fixeran. Rober aproveitou para comezar a facela. Probámola e efectivamente, era moi rica. Iso sí, moi mazacota, pero gustábanos. [Soñado o martes 26 de xuño 2018]

Autolavado truncado...

Imaxe
Hoxe soñei que antes dun ensaio de pandeireta, abríalle o maletero ao profe, e resulta que el estaba alí metido. Aproveitaba para preguntarlle se me daba tempo a lavar a cabeza (pois notábaa un pouco graxa) botando auga de bidóns de auga que tiña alí dentro. Díxome que si. Mais cando ía empezar a lavarme, comezou o ensaio... puntual por primeira vez! Así que me poñía no semicírculo, xunto coas demais, pero un semicírculo con todas moi moi apartadas. Eu tiña as cancións moi inseguras, e comezamos a cantar, e me equivoquei varias veces. Pero trataba de disimular para que o profe non se dera conta. [Soñado o 19 de xullo de 2018]

Puca viaxa en Alsa

Imaxe
Hoxe soñei que viaxaba dun autobús cheo de pasaxeiros. Ao chegar á miña parada, levanteime e camiñei polo pasillo adiante. Conforme avanzaba, observei que na parte dianteira o conductor tiña unha sección de objectos olvidados doutras viaxes. Cheguei ás escaleiras e vin con claridade algunhas das prendas que alí se atopaban. Invadiume unha sensación de sorpresa e vergoña. Alí se estaban, ben dobradas e limpas,  as miñas bragas máis desgastadas e infantilizadas. Apartei a vista e baixei sen mirar atrás. [Soñado a noite do 6 de agosto de 2018] 

En xaneiro, mete o can no palleiro

Imaxe
Hoxe soñei cun can paxaro. A súa forma de xogar era abalanzarse contra min e eu dáballe manotazos para mandalo lonxe de min porque me estaba molestando. [Soñado o mércores 13 de xuño 2018]