Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2018

Pontenagua

Imaxe
Hoxe soñei que ía por unha especie de pasarela ou ponte de madeira sen chan. Tiña que desprazarme so colgándome dos pasamáns cual ximnasta. O problema engadido é que levaba a enagua conmigo, metida nunha bolsa, pero era incomodísimo. Ademais, pasaban outras persoas na dirección contraria e tiña que esquivalos. [Soñado o 21 de setembro de 2018]

Grandes chefs

Imaxe
Hoxe soñei que atopaba pola rúa unha chica (non estou moi segura se era a da Repi) e que chegabamos ata a súa casa. Convivía con dous compañeiros de piso. Un deles era Rober. Era a hora de comer e ela comezaba a prepararse a súa comida. Ao tempo que cociñaba, comenzou a contar que a mellor cualidade de Rober era facer unha pasta de arroz con garabanzos e con cebola que estaba boísima. Dixo que ademais o gran logro de Rober era ter feito que Millán e Fer (que no sono ambos traballaban no Gomes Gaioso), tamén a fixeran. Rober aproveitou para comezar a facela. Probámola e efectivamente, era moi rica. Iso sí, moi mazacota, pero gustábanos. [Soñado o martes 26 de xuño 2018]