Soñei que tiña un bebé...
Tiña retortijóns parecidos ás dores de regla así que fun ao médico e resulta que parín un neno. Non era moi guapo, a verdade, e tiña que decidir que nome lle poñía. Do que me daba conta, polo parecido e certos recordos, é que o pai era un compañeiro do traballo. Tiña dúbida entre dous compañeiros, aínda que tiña máis parecido cun deles.
Era pequeñajillo e espabilao. De feito naceu xa dicindo algunha palabra e incluso facía ritmos guturais conmigo.
Non sabía moi ben como ía coidar un bebé. Deixeino enriba da encimera da cociña, abrigadiño cunha bolsa de supermercado, e baixei ao Alfaiate, que estaba xusto debaixo do meu piso. O dono do local empezou a queimar algo debaixo das escaleiras, como se fora unha lareira. Pensei que era xenial porque así porque quentaríame a casa e ao bebé.
Cando cheguei de volta ao piso, o bebé estaba bastante deformado pola calor da lareira. Estaba como derretido. Sufrín por el! Para minimizar danos, empecei a botarlle saliva polo seu corpo e bueno, parece que recuperou un pouco a súa forma. Polo menos agora víanselle os ollos e volvía a ser un bebé con actividade.
Empecei a pensar que tiña que facer remodelacións na casa, buscar sitio para ter unha cuna ou cousas así, e que definitivamente non podería deixar o bebe só na casa.
Dicíalle a miña parella, que era unha muller, que tería que facer sitio para o neno, que o piso era moi pequeno,... como invitándoa a pirarse ela de casa.
Por outro lado, na casa había tamén un gato negro, que tiña como medio encerrado nunha caixa. Escapóuseme e andaba pola casa adiante. Era un perigo para o bebé.
O gato derramou leite.
[Soñado o 29 de xuño de 2019]

Comentarios
Publicar un comentario