Todo o que aquí lerás realmente aconteceu...de noite.
En xaneiro, mete o can no palleiro
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Hoxe soñei cun can paxaro. A súa forma de xogar era abalanzarse contra
min e eu dáballe manotazos para mandalo lonxe de min porque me estaba
molestando.
Soñei que a carne das racións e dos bocatas que poñíamos do Serán a collíamos de persoas mortas. O sabor pasaba sen ningún tipo de problema por xamón e chicharróns. Bastante bos, por certo. A operación supoñía moito traballo e discreción. Levábamos os cadáveres nas neveiras da Estrella co maior disimulo posible para que ninguén nos descubrira. Despois había que ir cortando a carne dos corpos sen que ninguén se dera conta. Ata ese Serán, os encargados de cortar os cachiños de carne cunha motosierra ou máquina similar sempre foran Xabier ou Carina. Pero desta vez asignáranme a min esa tarefa e estaba enormemente agobiada: unha cousa era facelo no primeiro Serán, xustificado polo abaratamento de costes que supoñía a carne de mortos, e outra era continuar con esta práctica co risco que supoñía. Ademais, eu non me daba ningunha maña cortando ósos co motoserrucho. A pesar disto, alguén deixoume no cole unha bolsa posta en vertical cun cadáver dentro, para que me encargara. Levei...
Hoxe soñei que viaxaba dun autobús cheo de pasaxeiros. Ao chegar á miña parada, levanteime e camiñei polo pasillo adiante. Conforme avanzaba, observei que na parte dianteira o conductor tiña unha sección de objectos olvidados doutras viaxes. Cheguei ás escaleiras e vin con claridade algunhas das prendas que alí se atopaban. Invadiume unha sensación de sorpresa e vergoña. Alí se estaban, ben dobradas e limpas, as miñas bragas máis desgastadas e infantilizadas. Apartei a vista e baixei sen mirar atrás. [Soñado a noite do 6 de agosto de 2018]
Hoxe soñei que na clase de gaita estabamos interpretando partituras especiais. En concreto, no papel que tiñamos diante coa peza para sacar coa flauta tiña a seguinte imaxe: Como non tiña nin idea, esperei a que alguén se animara a interpretala, e xusto alguén empezou a tocala. Nese momento todos nos sumamos a tocala xuntos. Espertei xusto nese momento, así que deume tempo a silbala antes de que se me olvidara. A peza da imaxe soaba así: [Soñado o 28 de xullo de 2020]
Comentarios
Publicar un comentario