Grandes chefs

Hoxe soñei que atopaba pola rúa unha chica (non estou moi segura se era a da Repi) e que chegabamos ata a súa casa. Convivía con dous compañeiros de piso. Un deles era Rober.
Era a hora de comer e ela comezaba a prepararse a súa comida. Ao tempo que cociñaba, comenzou a contar que a mellor cualidade de Rober era facer unha pasta de arroz con garabanzos e con cebola que estaba boísima. Dixo que ademais o gran logro de Rober era ter feito que Millán e Fer (que no sono ambos traballaban no Gomes Gaioso), tamén a fixeran.
Rober aproveitou para comezar a facela. Probámola e efectivamente, era moi rica. Iso sí, moi mazacota, pero gustábanos.

[Soñado o martes 26 de xuño 2018]



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Prezos populares

Puca viaxa en Alsa

Polca florida