Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2018

Autolavado truncado...

Imaxe
Hoxe soñei que antes dun ensaio de pandeireta, abríalle o maletero ao profe, e resulta que el estaba alí metido. Aproveitaba para preguntarlle se me daba tempo a lavar a cabeza (pois notábaa un pouco graxa) botando auga de bidóns de auga que tiña alí dentro. Díxome que si. Mais cando ía empezar a lavarme, comezou o ensaio... puntual por primeira vez! Así que me poñía no semicírculo, xunto coas demais, pero un semicírculo con todas moi moi apartadas. Eu tiña as cancións moi inseguras, e comezamos a cantar, e me equivoquei varias veces. Pero trataba de disimular para que o profe non se dera conta. [Soñado o 19 de xullo de 2018]

Puca viaxa en Alsa

Imaxe
Hoxe soñei que viaxaba dun autobús cheo de pasaxeiros. Ao chegar á miña parada, levanteime e camiñei polo pasillo adiante. Conforme avanzaba, observei que na parte dianteira o conductor tiña unha sección de objectos olvidados doutras viaxes. Cheguei ás escaleiras e vin con claridade algunhas das prendas que alí se atopaban. Invadiume unha sensación de sorpresa e vergoña. Alí se estaban, ben dobradas e limpas,  as miñas bragas máis desgastadas e infantilizadas. Apartei a vista e baixei sen mirar atrás. [Soñado a noite do 6 de agosto de 2018]