Autolavado truncado...

Hoxe soñei que antes dun ensaio de pandeireta, abríalle o maletero ao profe, e resulta que el estaba alí metido. Aproveitaba para preguntarlle se me daba tempo a lavar a cabeza (pois notábaa un pouco graxa) botando auga de bidóns de auga que tiña alí dentro. Díxome que si.

Mais cando ía empezar a lavarme, comezou o ensaio... puntual por primeira vez! Así que me poñía no semicírculo, xunto coas demais, pero un semicírculo con todas moi moi apartadas.

Eu tiña as cancións moi inseguras, e comezamos a cantar, e me equivoquei varias veces. Pero trataba de disimular para que o profe non se dera conta.

[Soñado o 19 de xullo de 2018]


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Prezos populares

Puca viaxa en Alsa

Polca florida