Pontenagua
Hoxe soñei que ía por unha especie de pasarela ou ponte de madeira sen chan. Tiña que desprazarme so colgándome dos pasamáns cual ximnasta. O problema engadido é que levaba a enagua conmigo, metida nunha bolsa, pero era incomodísimo. Ademais, pasaban outras persoas na dirección contraria e tiña que esquivalos.
[Soñado o 21 de setembro de 2018]

Comentarios
Publicar un comentario