Hoxe soñei cunha especie de chicas zombies plasticosas. Non sei como, pero na miña casa foron aparecendo unha por unha, como por xeración espontánea, unhas mulleres-boneca con aspecto moi real. Xurdían tiradas no chan da cociña, coa súa ropiña, o seu peliño... pero con ollos de perdidas. A primeira que brotou tiña pelo longo e era similar a unha boneca inchable aínda que vestida así como de ejecutiva ochentera. Estaba no chan tumbada e comezou a moverse torpemente como tratando de incorporarse. Deume entre medo e grimilla, así que tratei de empuxala de novo para abaixo. Empuxándoa cada pouco tempo máis ou menos podía controlala. De repente, apareceu outra desas, de aspecto diferente e coa súa propia idiosincrasia física, alí tamén en posición horizontal no chan. O traballo aumentou porque controlar a dúas xa era máis complicado. Pero a cousa comezou a írseme das mans conforme foron aparecendo outras. Así que non tiven máis remedio que empezar a golpearlas co pé e outros obxectos na c...