Unídesvos?
Hoxe soñei cunha especie de chicas zombies plasticosas. Non sei como, pero na miña casa foron aparecendo unha por unha, como por xeración espontánea, unhas mulleres-boneca con aspecto moi real. Xurdían tiradas no chan da cociña, coa súa ropiña, o seu peliño... pero con ollos de perdidas.
A primeira que brotou tiña pelo longo e era similar a unha boneca inchable aínda que vestida así como de ejecutiva ochentera. Estaba no chan tumbada e comezou a moverse torpemente como tratando de incorporarse. Deume entre medo e grimilla, así que tratei de empuxala de novo para abaixo. Empuxándoa cada pouco tempo máis ou menos podía controlala. De repente, apareceu outra desas, de aspecto diferente e coa súa propia idiosincrasia física, alí tamén en posición horizontal no chan. O traballo aumentou porque controlar a dúas xa era máis complicado.
Pero a cousa comezou a írseme das mans conforme foron aparecendo outras. Así que non tiven máis remedio que empezar a golpearlas co pé e outros obxectos na cabeza, a ver se así as atontaba.
Houbo un momento que xa non puidemos máis (estaba con outra persoa que me estaba axudando a controlalas). Así que fuximos ata unha habitación deixándoas encerradas todas na cociña.
Estábamos falando cando escoitamos pasos. Lograran sair e viñan polo pasillo!! Que medo!
Cando chegou a primeira á porta, asomouse e con aire festivo felicitounos o día do orgullo gay e díxonos alegre que se agruparan de tres en tres por carácter sexual e o estaban celebrando.

[Soñado a noite do 5 de xuño de 2018]

Comentarios
Publicar un comentario