Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

O panadeiro

Imaxe
Hoxe soñei que ía a compar pan a unha panadería. había varias barras enormes tipo chapata pero que ocupaban todo o andel.     -  Viña a por algún pan que me dure varios días.   Entón o que atendía díxome efusivo:     - Todos duran varios días porque están feitos coas miñas….    Nese momento levantaba unhas grandes mans cos dedos abertos. Pero de inmediato, as baixaba á súa zona viril para continuar a frase:     - … cos meus collóns!  Ante esa frase contestei:     - Entón ponme todo o pan que hai na panadaría! Toda a panadería comezamos a rir ás gargalladas. Cortoume un trozo de pan, e marchei feliz. [Soñado o 2 de abril de 2022]