Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2019

Diante detrás diante...

Imaxe
Hoxe soñei que no cole íase bailar unha muiñeira. As profes estaban practicando os puntos.  A cousa empezaba ben: diante detrás diante punta tacón tacón... Pero despois desa parte pasábanse a man polos ollos cos dedos índice e corazón en plan Fiebre del sábado noche. Eu quedábame perplexa e cun debate ético importante de cara ao respeto ao folclore... O estado de perplexismo non me durou moito, e rapidamente dixen que eu negábame a facer esa parte do punto. Logo comezaban outro. Diante detrás diante... e de novo incorporaban un modernismo setentero consistente en estirar a perna dereita doblando o xeonllo esquerdo mentres levantaban o brazo dereito co dedo índice estirado... Vaia... Travolta de novo. Notei que non o facían por mal, se non por ignorancia. [Soñado o 13 de outubro de 2018]  

Soñei que tiña un bebé...

Imaxe
Tiña retortijóns parecidos ás dores de regla así que fun ao médico e resulta que parín un neno. Non era moi guapo, a verdade, e tiña que decidir que nome lle poñía. Do que me daba conta, polo parecido e certos recordos, é que o pai era un compañeiro do traballo. Tiña dúbida entre dous compañeiros, aínda que tiña máis parecido cun deles.  Era pequeñajillo e espabilao. De feito naceu xa dicindo algunha palabra e incluso facía ritmos guturais conmigo.  Non sabía moi ben como ía coidar un bebé. Deixeino enriba da encimera da cociña, abrigadiño cunha bolsa de supermercado, e baixei ao Alfaiate, que estaba xusto debaixo do meu piso. O dono do local empezou a queimar algo debaixo das escaleiras, como se fora unha lareira. Pensei que era xenial porque así porque quentaríame a casa e ao bebé. Cando cheguei de volta ao piso, o bebé estaba bastante deformado pola calor da lareira . Estaba como derretido. Sufrín por el! Para minimizar danos, empecei a botarlle saliva ...