O panadeiro

Hoxe soñei que ía a compar pan a unha panadería. había varias barras enormes tipo chapata pero que ocupaban todo o andel.
    -  Viña a por algún pan que me dure varios días. 

Entón o que atendía díxome efusivo:
    - Todos duran varios días porque están feitos coas miñas…. 

 Nese momento levantaba unhas grandes mans cos dedos abertos. Pero de inmediato, as baixaba á súa zona viril para continuar a frase:
    - … cos meus collóns! 

Ante esa frase contestei:
    - Entón ponme todo o pan que hai na panadaría!

Toda a panadería comezamos a rir ás gargalladas. Cortoume un trozo de pan, e marchei feliz.

[Soñado o 2 de abril de 2022]

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Prezos populares

Puca viaxa en Alsa

Polca florida