Prezos populares

 


Soñei que a carne das racións e dos bocatas que poñíamos do Serán a collíamos de persoas mortas. O sabor pasaba sen ningún tipo de problema por xamón e chicharróns. Bastante bos, por certo.  

A operación supoñía moito traballo e discreción. Levábamos os cadáveres nas neveiras da Estrella co maior disimulo posible para que ninguén nos descubrira. Despois había que ir cortando a carne dos corpos sen que ninguén se dera conta.

Ata ese Serán, os encargados de cortar os cachiños de carne cunha motosierra ou máquina similar sempre foran Xabier ou Carina. Pero desta vez asignáranme a min esa tarefa e estaba enormemente agobiada: unha cousa era facelo no primeiro Serán, xustificado polo abaratamento de costes que supoñía a carne de mortos, e outra era continuar con esta práctica co risco que supoñía. Ademais, eu non me daba ningunha maña cortando ósos co motoserrucho.

A pesar disto, alguén deixoume no cole unha bolsa posta en vertical cun cadáver dentro, para que me encargara. Leveina con axuda de Carina ata o local e, ao abrir a cremalleira, marabilla!: o cadáver xa estába troceado! Quedei tranquila.

O que máis me preocupaba era que había unha muller, unha especie de periodista, que desconfiaba de nós e tiña unha teima persoal por descubrir o pastel. Levaba observándonos de preto dende que no primeiro Serán alguén atopara nun bocata o típico fémur de humano.

Para máis risco, durante o Serán, alguén nos anunciaba que había un concurso gastronómico e que estabamos nominados ao premio.

[Soñado o 8 de agosto de 2022]


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Puca viaxa en Alsa

Polca florida