Din que chove...
Hoxe soñei con que mexaba nun aseo da estación de trens. En lugar de tapa, había unha especie de rexa tupida e a través dela podía ver abaixo. Antes de que saíra a primeira gotiña, vin que no fondo en lugar de auga había billetes. Abrín a tapa e remexín. Alí había billetes de vinte, de dez, de cinco e incluso moedas. Os billetes eran noviños. Non sabía ben que facer, pero decidin coller uns poucos billetes mezclados e deixar parte no wc, non fora a ser que levándome todo estivera cometendo un delito. Cando collín o suficiente, puxen a tapa, e mexei.
[Soñado na noite do 2 de xuño de 2018]
[Soñado na noite do 2 de xuño de 2018]

Comentarios
Publicar un comentario