Gladis
Esta noite soñei que abría a porta da casa e deume un susto de morte porque atopaba a unha enana pasando o aspirador polo pasillo.
Ao preguntarlle que quen era me miraba sen dicir nada e sen parar de aspirar. Nese momento entendín que ao deixar enchufada a Gladis (Roomba), automáticamente en lugar de sair soa, saía cunha boneca de tamaño dunha nena ou unha enana e pasaba o aspirador do modo tradicional.
Pasado un rato, volvín a asustarme porque con toda desfachatez Gladis paraba e se dirixía ao tendedero. Aquela autonomía pola miña casa me resultaba molesta e acojonábame tamén un pouco. Así que a seguín e lle preguntei que que pasaba, que por que paraba. Entón localizou a caixa de Roomba e sacou un boneco aínda máis pequeno que ela, tamén moi real. Era un boneco bebé que non se movía por estar sen batería.
Entendín o que pasaba: a boneca estábase quedando sen batería e na caixa a fábrica incorporaba outra “peza” algo máis pequena. Puxen o “bebé” robot auxiliar enchufado na corriente para que no momento en que a Gladis nena se quedara batería, sairía Bebé a seguir pasando o aspirador.
Pero a cousa foise indo das mans. Cando fun a poñer a Bebé, a Gladis entroulle unha pataleta como a dos nenos, porque quería ser ela quen pasara o aspirador, a pesar de estar agotada.
Nese momento o caos aumentou porque chegou toda a miña familia, miña nai de mala leche agobiada por compras bla bla… un follón. E cando fun á miña habitación a ver que pasaba con Gladis e Bebé, atopábame a Jesús (compañeiro do departamento) que estaba dandolle de beber a Bebé e ao meu pai dándolle galletas a Gladis!! Eran tan reais que vos pareceu que precisaban beber e comer.
E eu xa alterada de todo vos dicía que NOOON! que eran máquinas e que se lle entraba auga dentro ou alimentos ía estropearse!
[Soñado na noite do 5 de xaneiro de 2018]
Comentarios
Publicar un comentario